Rúa Padre Pardo 33 -1º 15.810
Arzúa - A Coruña
Teléfono: 981 500 589
Horario oficina: 9:30 - 13:30 horas
Email: arzua@cruzvermella.org
No mes de maio a asemblea local de Arzúa, poñerá en marcha un curso de Primeiros Auxilios.
Dentro do plan de formación de Cruz Vermella, está previsto organizar un curso de Primeiros Auxilios que vai dirixido a toda a poboación en xeral. Nesta actividade poden participar todas aquelas persoas maiores de 16 anos que pretendan adquirir uns coñecementos básicos acerca dos primeiros auxilios. Este curso que ten unha duración de 40 horas (metade de teoría e a outra metade de práctica) é puntuable para as oposicións do SERGAS.
As datas nas que se celebrará serán os próximos sábados de maio (día 2, 9, 16, 23 e 30), en horario de 10:00 a 14:00 pola mañá e de 16:00 a 20:00 pola tarde. O prazo para inscribirse está aberto ata o día 29 de abril. Para máis información pódese chamar ao teléfono 981 500 589 de 9:30 a 13:30 de luns a venres.