Asociación de Veciños Porto Buxán
A Asociación de veciños Porto Buxán de Rendal comeza a súa andaina no ano 2003.
Os obxectivos que se pretenden acadar coa constitución desta entidade son:
- o fomento da participación entre os veciños e veciñas da parroquia
- o asociacionismo
- o impulso da cultura
- a convivencia entre xeracións...
As principais actividades de tipo cultural que se que se desenvolven na asociación son:
- saídas ao longo do territorio galego, unha por ano.
- xuntanzas de confraternidade na praia fluvial de Ribadiso.
- outras actividade: tipo clases de baile moderno...
É intención da directiva dar a coñecer a riqueza paisaxística coa que conta a parroquia. Para iso destaca:
- o Albergue de Peregrinos de Ribadiso (por Rendal cruza o Camiño de Santiago na súa recta final), este antigo hospital de peregrinos sitúase ao carón do Río Iso, onde se atopa unha ponte romana.
- a igrexa de Rendal e o seu coñecido cruceiro, de grandioso valor.
- a praia fluvial de Ribadiso...