Arzúa cidadán

Asociación Cultural Ánxel Casal

A actividade principal da Asociación Anxel Casal é a das Xornadas do Pan. Cada ano se fan nunha parroquia distinta do Concello en colaboración cos veciños.
Esta actividade está dividida en catro: a SEMENTEIRA (principios de xaneiro), a SEGA (no mes de xullo), a MALLA (no mes de agosto) e a MOENDA e FORNADAS (no mes de setembro).
No outono, e coas primeiras choivas fanse as xornadas dos cogomelos, no que se recolectan acompañados por expertos, expóñense e faise unha degustación de pratos nos que o principal ingrediente son os propios cogomelos.
As actividades da Asociación Anxel Casal complémentanse con conferencias e exposicións.

Directiva

Presidenta:
MERCEDES LEA FURELOS
Vicepresidente:
XOSÉ IGNACIO GARCÍA COUSO
Tesoureira:
ANA VILLAR VEIGA
Secretaria:
MARÍA BELÉN GARCÍA TOJO
Vogais:
ANTONIO NAVEIRO VALIÑO
CESÁREO XABIER MOSCOSO FUENTES
XOSÉ ANXO GRANDE PENELA

Novas

A Muiñada e Fornada na Fonde Santa

23/08/2007 20:27 A Asociación de Veciños San Estebo de Pantiñobre e a Asociación Anxel Casal de Arzúa organizan unha Muiñada e unha Fornada Tradicional no muiño da Fonte Santa o día 22 de setembro de 2007