Asociación de Mulleres Rurais
Edif. Centro Multiusos, 1º andar
Rúa Padre Pardo, 32, 15810 Arzúa
Telf.: 679 382 990
A Asociación de Mulleres Rurais é unha asociación sen ánimo de lucro, que intenta recuperar distintas actividades culturais e tradicionais que formaron parte da vida no campo en Arzúa. Algunhas destas actividades ou labores eran todo o que concernía o liño.
Por eso esta asociación ao longo do ano desenvolve as Xornadas do Liño que engloban dende a sementeira do liño até o tecido, pasando polas distintas etapas: arrincado, ripado, mazado, espadelado, restrelado, fiado, debanado, clareo e tecido.
Intentamos tamén recuperar a linguaxe e os termos que se utilizaban nestes labores e facer unha recompilación por escrito.
Outras actividades que desenvolvemos son viaxes, charlas, etc. En xeral, todo aquelo que teña interese para os membros desta asociación.
Unha asociación que está formada por 25 membros e que pretendemos que se amplie, ou polo menos que haxa unha representación de cada unha das parroquias que conforman o concello de Arzúa.
Presidenta:
Yolanda Carril García
Vicepresidenta:
Lourdes García Grande
Tesoureira:
Isabel Ares Seijo
Vogais:
Dulcinea Ares López
Merche Fernández Sánhez
Teresa López Vázquez
Pilar Castro Vallo
Mª Ángeles Pérez Vázquez
Fátima López García