Arzúa cidadán

Sta. María, s/n
15810 - Arzúa
A coruña
Telf: 981 500 580
Fax: 981 500 684
Email: pineiral@efagalicia.org
Web: www.pineiral.es

Asociación EFA Piñeiral

Dende o seu nacemento asumiu como principal finalidade "a promoción do medio rural a través da formación das persoas", de xeito que se puidera beneficiar tanto a xente nova e as súas familias como os demais integrantes deste medio.

Para a formación da xente nova, a asociación promoveu o Centro de Formación Profesional EFA Piñeiral.

O resto de actividades que promove a asociación van dirixidas á xente que xa rematou os seus estudos. Destas actividades e proxectos benefícianse os membros da Sección Xuvenil e os demais socios, asi como outras persoas alleas a asociación pero que se identifican cos fins desta.

Está constituída por aquelas persoas que desexen contribuír ao cumprimento da súa finalidade. A meirande parte dos seus compoñentes son:

  • pais e nais de alumnos/as
  • antigos alumnos e antigas alumnas
  • profesionais da zona (sectores agrario, industrial e de servizos).

De xeito democrático, a asociación elixe os seus representantes na súa Asemblea Xeral. Os compoñentes electos forman o Comité Xestor, que asume a representación legal, xurídica e financeira da asociación.

Directiva

Presidente:
José Varela Segade
Vicepresidente:
César Ayude Varela
Secretario:
María Teresa de Pablo Hermida
Tesoureiro:
Rogelio Maneiro García
Vogais:
Estefanía Méndez Lareo
Ana Suárez Suárez
Pilar Vázquez Vázquez
Jacobo Sánchez Ares

Novas

Centro concertado coa Consellería de Educación

Instalacións do centro Educativo

10/05/2007 21:11 Iniciou a súa andadura o 15 de setembro de 1972 impartindo os cursos correspondentes á Formación Profesional de 1º Grao. Dende o curso 88 - 89 foi recoñecido como Centro de Formación Profesional de 2º Grao. Deste xeito, o Centro cubriu unha importante carencia xa que a oferta educativa de Formación Profesional no medio rural era moi escasa.

Galerías

Sección Xuvenil
Sección Xuvenil
A sección Xuvenil

Enquisa

¿Que ciclo formativo che interesaría?