Consellos e trucos
Correo POP
Ter un xestor de correo na túa computadoraPodes empregar un programa libre, o Thunderbird para ter as mensaxes almacenadas no disco duro do teu equipo.
Así non precisas conexión para redactar e ler as mensaxes, só para envialas e recibilas. Tamén resulta máis rápido e cómodo para organizar o correo. En www.mancomun.org podemos acceder a unha versión en galego desde xestor de correo
Periféricos
Imprimir páxinas reducidas para aforrar tinta e papelSe queres imprimir un documento de varias páxinas podes modificar o seu tamaño para aforrar tinta e mais papel.
Traballando co OpenOffice selecciona no menú
Ficheiro a opción
Imprimir. Preme no botón
Propiedades da nova fiestra e elixe en
Páxinas por folla a opción máis axeitada para o documento que vas imprimir. Cando remates, preme no botón
Aceptar. Grazas a este consello poderás ter as túas copias en formato libro.
Limpar un rato que funciona malO mal funcionamento do rato pode deberse a unha acumulación de sucidade no seu interior. Para limpalo hai que xirar a tapa que ten na súa parte inferior e extraer a bóla, que pode limparse cun disolvente específico ou simplemente con auga e xabrón. En calquera dos casos cómpre agardar a que estea completamente seca para introducila de novo no rato.
Ademais hai que limpar os pequenos rolos que están no interior do rato, que normalmente tenden a acumular po e graxa. Esta sinxela operación pode realizarse cunhas pinzas ou un bastón dos oídos. Cando estean limpos introduciremos de novo a bóla e pecharemos o rato. Se o mal funcionamento se debía á sucidade quedará coma novo.
Internet
Localizar palabras concretas nunha páxina webÁs veces, é preciso localizar unha palabra ou frase nunha web con demasiado texto. Para atopala rapidamente, sen necesidade de ler todo o seu contido, só hai que premer ao tempo as teclas Ctrl e F. Abrirase unha cela na que cómpre escribir o termo que queiramos localizar. Ao premer a tecla de Intro o navegador indicarache automaticamente o lugar ou lugares en que se atopa a palabra que buscas.
Este truco é válido para os navegadores Internet Explorer, Mozilla Firefox, Netscape e Opera.
As webs favoritas, a manPodes gardar as webs que visitas con maior frecuencia para non esquecer os seus urls. Para iso, cando esteas vendo a páxina, selecciona a opción
Favoritos (ou
Bookmarks) situado no menú do teu navegador.
Ao
Agregar a favoritos a web quedará arquivada nunha listaxe que poderás consultar nese mesmo computador sempre que queiras. Os enderezos gardados neste directorio pódense eliminar (premendo sobre eles co botón dereito do rato) ou organizarse en carpetas atendendo, por exemplo, a unha temática común.
Correo electrónico
Engadir contactos rapidamenteSe empregas o Thunderbid podes gardar dun xeito moi doado novos contactos na túa listaxe de enderezos. Para iso, sitúa o rato sobre o correo electrónico do remitente que queres gardar e preme no botón dereito.
Elixe a opción
Novo contacto ou
Engadir á axenda. Ademais de gardar o email poderás editar outros campos como un nome, número de teléfono, etc., para telos sempre a man.
Enviar documentos de texto sen abrir o xestor de correoÉ posible enviar documentos de texto por correo sen necesidade de abrir o xestor de correo. Co documento aberto, só hai que seleccionar dentro do menú de
Ficheiro a opción
Enviar a, para elixir de seguido
Destinatario de correo.
O texto co que estamos traballando adoptará o formato dun correo electrónico, cos campos habituais de
De,
Para,
Asunto... Unha vez enviado, poderemos seguir traballando con normalidade no documento.
Tratamento de imaxes
Mellorar o brillo e o contraste dunha imaxeO Adobe Photoshop permite mellorar dun xeito moi sinxelo o brillo e contraste dunha fotografía. Isto permitiranos iluminar as súas áreas máis claras e ensombrecer as máis escuras.
Para iso accede á opción
Imaxe, no menú superior, e selecciona
Axustar,
Brillo/Contraste. Acadarás o teu obxectivo quitando un pouco de brillo e aumentando lixeiramente o contraste.