FAQ
Como podo ler documentos en formato PDF?
Algúns arquivos da rede foron creados en formato PDF, o que está indicado na páxina web correspondente. Podes baixar gratuitamente o lector de arquivos Acrobar Reader desde www.adobe.com ou desde a propia páxina onde se atopa este tipo de arquivo. Para crearmos un arquivo PDF deberiamos dispor dun módulo de Adobe que xa non é gratuíto. A apertura do documento PDF, ao termos instalado o programa, adoita ser automática, así como a súa descarga.
Que facer cando se bloquea un ordenador?
Cando un ordenador se bloquea, o que máis comunmente se denomina "colgar", é imposible traballar con el. Se pasa isto, pódese premete a combinación de teclas Ctrl+Alt+Supr dúas veces seguidas para reiniciar o ordenador. Se isto non funcionase, deberíase premer o botón Reinicio.
Para que serve o botón dereito do rato?
Este botón ten unha función especial, que é a de mostrar un menú "contextual". É dicir, un menú especial, que mostrará distintas opcións segundo onde premamos co botón dereito.
Como se busca un arquivo ou unha carpeta no ordenador?
Para buscar un arquivo ou unha carpeta temos que ir á opción do menú Inicio / Buscar. Alí escribiremos o nome do arquivo ou da carpeta e o lugar onde queremos buscalo.
Como se instala unha impresora?
Primeiramente temos que acceder á carpeta Impresoras, desde o Panel de Control, desde Mi Pc ou na opción Inicio-Configuración-Impresoras. Prememos dúas veces no icono Agregar impresora, o que instalará unha nova impresora por medio dun asistente. Se o controlador da impresora non está instalado, o asistente pedirá o cd onde estea ese controlador.
Que son os virus? Son moi daniños?
Son programas daniños que se engaden a programas normales, quedan no ordenador e actívanse nun momento determinado. Segundo o tipo de virus, pode ser desde un molesto estremecemento na pantalla ata a eliminación total do disco duro.
Son eficaces os antivirus?
Son eficaces sempre que se actualicen con frecuencia para que poidan detectar e contraatacar os novos virus que se poñen en circulación cada día.
Que son as cookies?
Son un conxunto de datos que o servidor grava en forma de arquivo na caché do disco duro do usuario. Estes arquivos conteñen información sobre a visita realizada polo usuario a unha ou varias páxinas web determinadas, permitíndolle ao autor saber que visitou na páxina.
Cal é a mellor forma de desinstalar un programa?
A forma correcta de desinstalar un programa é entrando no Panel de control e seleccionando Agregar e quitar programas. Abrirase unha pantalla en que aparecerá unha lista con tódolos programas que temos instalados no ordenador. Só teremos que seleccionar o que queiramos e premer Agregar ou quitar.
Para que serve o defragmentador de disco?
Os arquivos gárdanse en espazos baleiros que hai nas unidades de disco. A medida que se crean, modifican ou borran arquivos, estos vanse desagrupando. Isto retarda o traballo do ordenador, polo que é necesario agrupalos de vez en cando. Desta tarefa encárgase o defragmentador de disco.
Para que serve internet?
Internet é unha rede de ordenadores repartidos por todo o mundo e conectados entre si, o que lles permite a personas de puntos moi separados do globo comunicárense. Ademáis, en internet tamén se pode encontrar todo tipo de información.
Como se busca información en internet?
Para buscar información en internet existen unhas ferramentas chamadas buscadores ou motores de busca, que son o equivalente virtual ós bibliotecarios. Os buscadores obteñen, analizan, catalogan e presentan de forma lóxica e organizada a información requirida grazas ás palabras clave que o usuario lle proporcionará.