Axuda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
Que é un wiki?
É unha ferramenta de software colaborativo que permite a edición colectiva de documentos empregando un sistema sinxelo que non obriga a que o contido teña que ser revisado antes da súa publicación. O obxectivo é elaborar unha enciclopedia libre a través da democratizatización na creación e mantemento das páxinas. Calquera usuario da web pode participar da redacción de contidos dun wiki, é moi sinxelo, así como engadir imaxes e ligazóns ao contido elaborado, xa que non é preciso manexar etiquetas en html.
Como navegar?
Podes axudar a construír a memoria de Arzúa e tamén podes navegar por ela de varios xeitos diferentes. Premendo as ligazóns sen máis, empregando o sistema de Buscador, explorando na sección de Cambios recentes – no que atoparás os últimos rexistros introducidos – ou entrando na sección Todas as memorias, na que atoparás unha listaxe alfabética con todos os artigos publicados.
Antes de escribir
Este é un espazo colaborativo é a información recollida nel é de acceso libre. Todos os textos orixinais incorporados a este espazo están baixo licencia GNU para documentación libre, que autoriza a libre copia, distribución e/ou modificación dos textos aquí editados, sempre que continúen a ter liberdade de uso e os autores fagan referencia a que o texto procede de Arzúa, historia viva. Mais tamén debes ter en conta que o material que publiques neste espazo debe de ser orixinal, de dominio público ou no caso de ser tomado doutras fontes, débese contar coa autorización expresa do propietario do copyright dese material.
Como construír Arzúa, historia viva
Crear e editar un artigo
O obxectivo fundamental é escribir artigos, mais tamén podes colaborar doutros xeitos: cargando imaxes, ampliando borradores que meteran outros usuarios, revisando e correxindo a gramática de artigos que xa están visíbeis ou engadindo ligazóns.
O xeito de introducir contidos é a partir dunha páxina existente que conteña ligazóns que non apunten a ningures, xa que están pendentes de seren editadas, este tipo de ligazóns están sinaladas en cor laranxa. Se cando edites un artigo pensas que unha palabra ou frase debería ter contidos propios debes pechar esa palabra entre dous corchetes [[]]; cando graves o teu rexistro se o termo sinalado ten contidos asociados verase en cor azul - e poderá ser editada de novo e ampliada - , se non os ten se verá en cor laranxa, e se poderá crear un artigo novo a partires dela.
Unha vez creada a páxina, debemos de procurar que non quede illada, iso quere dicir que temos que buscar relacións con outras páxinas do wiki e establecer ligazóns entre elas. Dese xeito será moito máis doado atopar a información que se busca nesta enciclopedia sobre Arzúa.
Comeza a editar sen medo. Tes un Espazo de probas no que poderás experimentar antes de publicar o teu primeiro artigo, e que non será visíbel para os visitantes da web. Podes facer o teu artigo nun editor de texto, e despois comprobar como queda neste espazo.
Debes de ter en conta os seguintes consellos básicos antes de comezar a escribir: o título que escollas para o teu artigo debe ser claro e sinxelo e referirse dun xeito inequívoco ao contido. É preciso gardar as normas sobre maiúsculas e minúsculas, separacións entre palabras e prestar atención á ortografía e á gramática.
Para comezar a editar preme sobre a ligazón de cor laranxa ou azul e abrirase unha caixa de texto na que poderás comezar a escribir. Preme en Amosar vista previa, para visualizar os resultados e en Gardar a páxina, cando consideres que o texto xa está listo.
Mentres escribes, xunto co texto, terás que empregar algúns símbolos especiais para darlle formato ao mesmo. Xa sabes como crear termos que poidan ser editados, debes meter a palabra entre corchetes [[]] - tamén debes empregalos cando nomees un termo que está incluído no wiki, para que enlace con el - pero hai máis. A continuación sinalamos alguns destes símbolos, cos que poderás crear ligazóns, listaxes, caixas e outros tipos de efectos, e tamén outros consellos para editar no wiki con xeito.
Con todo enriba da caixa de texto do wiki, atoparás algunhas ferramentas para poder facer de xeito máis automatizado algunhas das accións sinaladas nestes consellos.
Consellos para a edición
Efectos
Tipos de letra
Negriña:tres comiñas sinxelas envolvendo o texto '''negriña'''
Texto en cursiva: dous comiñas sinxelas envolvendo o texto ''Texto en cursiva''
Tabulación de liñas ou indentación
A tabulación de liñas sinálase con dous puntos (:) antes do texto escrito, canto máis á dereita se quere comezar á escribir máis sucesións do símbolo dous puntos hai que poñer.
Exemplo:
- Este texto está tabulado cun símbolo de dous puntos
- Este texto está tabulado con dous símbolos de dous puntos
- Este texto está tabulado con tres símbolos de dous puntos
- Este texto está tabulado con dous símbolos de dous puntos
Liñas horizontais
Se queres separar en apartados o texto podes engadir liñas para diferencialos, has de facer do seguinte xeito: Catro guións medios sucesivos nunha liña ---- farán un separación dunha liña.
Dúas liñas de guións medios sucesivos en dúas liñas diferenciadas, mostrarán unha separación con dúas liñas.
----
----
Exemplo:
Separación cunha liña
Separación
con dúas liñas
Listaxes
Son moi doadas de facer, só hai que poñer un asterisco *antes do comezo da lista, cantos máis poñas máis cara ao fondo irá a lista.
Exemplo:
- Comezo de liña cun asterisco
- Comezo de liña con dous asteriscos
- Comezo de liña con tres asteriscos
- Comezo de liña con dous asteriscos
Listaxes numeradas
Tamén son doadas de facer só hai que poñer unha almofadiña # antes do comezo da lista, cantos máis poñas máis listas aniñadas dentro de outras crearás.
Exemplo:
- Punto 1 da listaxe principal
- Punto 2 da listaxe principal
- Punto 3 da listaxe principal
- Subapartado 1 do punto 3
- Subapartado 2 do punto 3
Táboas
A táboa comeza con <table> e remata con </table>, que é requerido. A lenda (caption) é unha descrición breve da táboa que debe ir dentro do elemento <caption>, xusto despois da etiqueta <table> inicial.
As fileiras da táboa son os grupos de celas horizontais. Comezan con <tr> (table row, en inglés) e rematan con </tr>.
Os encabezamentos da táboa son as celas que levan, precisamente, os encabezamentos, e que frecuentemente se mostran destacados, en negrita por exemplo. Comezan con <th> (table heading -en inglés-) e rematan con </th>.
As celas de datos da táboa constitúen o resto. Comezan con <td> (table data -en inglés-) e rematan con </td>.
Exemplos:
Exemplo 1
O seguinte código dará como resultado a táboa situada baixo o mesmo. <table border=1> <tr> <td color="#f3f300">Cadro un</td> <td>Cadro dous</td></tr> <tr> <td>Cadro tres</td> <td>Cadro catro</td> </tr> </table>
| Cadro un | Cadro dous |
| Cadro tres | Cadro catro |
Exemplo 2
O seguinte código dará como resultado a táboa situada baixo o mesmo. <table border=1> <tr> <td>Cadro un</td> <td>Cadro dous</td> </tr> <tr> <td rowspan=2>Cadro tres</td> <td>Item catro</td> </tr> <tr> <td>Cadro cinco</td> </tr> </table>
| Cadro un | Cadro dous |
| Cadro tres | Item catro |
| Cadro cinco |
Citas
Cando precises citar textualmente un contido tomado literalmente dun autor, ou unha fonte determinada deberás empregar o formato de cita, que se realiza co formato indicado a continuación: {{cita|Texto}}. Deste xeito, aparecerá en cursiva e con sangría á esquerda e á dereita.
Ignorar o formato wiki
Se no texto que estás a escribir precisas empregar signos que se empregan para escribir en formato wiki, como por exemplo as dobres comiñas que faría que o a palabra se visualizase en cursiva, debes empregar as etiquetas que ves continuación: <nowiki>"palabra" </nowiki>. Sobre a caixa de edición atoparás un botón cunha W dentro dun símbolo de prohibido, escollendo a palabra e premendo sobre ela, acadarás que se ignore o formato wiki no caso de habelo.
Agregar ligazóns
Os tipos de ligazóns que atoparás con máis frecuencia en Arzúa, historia viva son:
- Ligazóns a outros artigos do wiki Arzúa, historia viva
Se andas a editar ou correxir unha páxina sobre as parroquias de Arzúa e nomeas, por exemplo, A Castañeda, é probable que xa haxa un artigo sobre esta, polo que deberías envolver o nome con dobre corchete [[]] para que se conecten ambas páxinas; aínda que o termo apareza máis veces, só deberías engadir os corchetes a primeira vez que se presente no texto. Na barra de ferramentas da caixa de texto represéntase co botón Ab.
- Ligazóns a partes dun artigo
É moi sinxelo tamén, hai que empregar o corchete dobre, dentro deste poñerase o nome do artigo, seguido do símbolo # e tras este o nome epígrafe ao que queres que vaia dirixido. Exemplo: [[Parroquias#A Castañeda]]
- Ligazóns a páxinas exteriores do wiki de Arzúa, historia viva
Para enlazar cunha páxina exterior ao wiki, só hai que envolver cun corchete sinxelo a URL da páxina e o seu nome [http://www.concellodearzua.org/ Concello de Arzúa]. Tamén podes empregar o botón de Ligazón externa que atoparás na barra de ferramentas. Exemplo: Concello de Arzúa
Crear seccións
As seccións créanse envolvendo a palabra cos signo "=". A sección principal debe ir entre dous signos de igual, e a medida queincrementemos as subseccións, engadirase un igual a cada lado do termo, do seguinte xeito:
== Sección principal ==
=== Nova sección ===
==== Subsección ====
===== Sub-subsección =====
Subir imaxes
Cargar imaxes
Para cargar imaxes en Arzúa, historia viva, usa a ligazón «Sube un ficheiro» que está no cadro de ferramentas, ou no listado de páxinas especiais.
Con «Examinar» (Browse) atopa o ficheiro que queres cargar no servidor dende o disco ríxido do teu ordenador.
Isto abrirá un cadro de diálogo de «Seleccionar ficheiro» (Choose File).Unha vez atopado o ficheiro, escolle «Abrir» (Open) co que se seleccionará o ficheiro e se pechará o cadro de diálogo de «Seleccionar ficheiro».
Preme o botón «Subir un ficheiro». O ficheiro comezará a transferirse. Isto pode levar algún tempo, dependendo do tamaño do ficheiro e da velocidade de conexión. Cando a transferencia se complete con éxito, aparecerá unha mensaxe notificándoo.
Podes cargar tantos ficheiros coma desexes mais sen cometer actos vandálicos contra o servidor.
Cómo ligar a imaxe
Dende a páxina correspondente, crear a seguinte ligazón:[[Image:«Nome_do_ficheiro»|Texto alternativo]]
Podes facelo co botón chamado Imaxe incorporada que aparece na barra de botóns que está enriba da caixa de edición. Selecciona o nome do ficheiro e o texto alternativo —separados por unha barra |— e preme no botón. Escribirá [[Image por diante e ]] por detrás. «Nome_do_ficheiro» é o nome que ten a imaxe incluindo a súa extensión que se usa para indicar o formato da imaxe agregada (.jpg, .png, etc.). Non uses o formato .gif, podes substituilo polo .png.
O «texto alternativo» debera conter unha breve descripción da imaxe. Este texto preséntase nun texto flotante ou se a imaxe non se carga. É tamén importante para as persoas cegas que usan lectores de pantalla. Só precisas refrescar a páxina correspondente para comprobar a ligazón.
Opcións de presentación A seguinte sintaxe dá máis posibilidades e é compatible coa anterior: [[Image:'<<Nome_do_ficheiro>>|opcións|Texto alternativo]]
As opcións dispoñibles son:
- thumbnail, thumb: xera unha imaxe en miniatura (thumbnail), aliñada por omisión á dereita, co texto alternativo escrito no pé de foto. Móstrase tamén unha icona de aumento.
Exemplo:
- framed: engade un marco con pé de foto á imaxe, igual ao de thumb, mais non reduce a imaxe.
- right: aliña a imaxe á dereita, pódese especificar con ou sen thumb.
- left: idem, pero aliñado á esquerda.
- none: a imaxe preséntase sen texto nos seus marxes, ainda que se engadise a opción thumbnail.
- anchura px: xérase unha versión en miniatura coa anchura en pixels especificada (p.e. '150px'). A altura calcúlase de modo que se manteña a proporción.
As barras verticais «|» empreganse para separar as opcións entre sí, e entre a derradeira e o texto alternativo. Nas opcións descoñecidas pásanse por alto e a derradeira opción empregase sempre como texto alternativo.
Exemplo dunha imaxe sen texto no pé:Cargar unha nova versión da imaxe
Para reemprazar unha imaxe cargada previamente, por actualización da mesma ou do artígo, basta con cargar unha imaxe que teña o mesmo nome. Nestes casos por cuestións técnicas relacionadas co teu navegador (a memoria cache) pode que non vexas a nova versión da imaxe de inmediato.
Tamaño dos ficheiros
Sube imaxes que ocupen pouco espazo. O tamaño ideal son 35 KB ou menos, xa que nos axuda a aforrar espazo no servidor e axilizar a visualización dos documentos para aqueles ordenadores con conexións de baixa velocidade.
