Arzúa cidadán

Basilio Carril

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Basilio Carril (Arzúa 1914-1974) foi un dos gaiteiros e fabricantes de gaitas galegos máis importantes do século XX. A súa fama cruzou fronteiras e os seus instrumentos (gaitas, pandeiros, bombos, guitarras, flautas...), que mesmo se venderon en Xapón e Australia, poden verse hoxe en diferentes museos europeos.

Sendo novo comezou a traballar nun taller que o seu pai tiña en Compostela ata que, en 1973, se trasladou a París para traballar no Museo do Louvre como reparador de instrumentos antigos de vento.

Entre as pezas musicais que compuxo destaca o Zaralá de Arzúa.

Ferramentas persoais