Branzá (Santa Locaia)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta parroquia do Concello de Arzúa conta cunha poboación, segundo o censo do 2006, de 176 habitantes, dos que 84 son homes e 92 son mulleres. Segundo o Nomenclátor Oficial da Xunta de Galicia son 13 os lugares de Branzá (Santa Locaia).
A festa da patroa da parroquia celébrase o día 9 de decembro. A Igrexa Parroquial de Santa Locaia data do século XVIII. A cachotaría e a pedra constitúen a base da súa construción, e a cuberta é a dúas augas e con tella do país.
Xa no seu interior pode apreciarse un retablo maior de estilo neoclásico do século XIX, dedicado en orixe a San Antonio.
Destacan tamén nesta parroquia a Capela de San Xosé de Baiobre, que pertence á casa Grande de Baiobre, a Capela de San Xosé de Branzá, o cruceiro da igrexa de Santa Cruz de Baiobre a Fonte-lavadoiro de Santa Cruz de Baiobre e varios hórreos, como o hórreo de Antonio Rodríguez, o hórreo de José Montero ou o [[hórreo de Mosquera].
