Arzúa cidadán

Camiño de Santiago

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Dentro dos diferentes camiños de peregrinación a Santiago, Arzúa é o penultimo concello antes de chegar a Compostela (tan só os separa o do Pino), cun percorrido interior de 16 quilómetros, dende Boente, por onde entra no termo, ata A Calzada (Burres), por onde sae.

Malia que o máis coñecido é o Camiño Francés, quedan aínda en Arzúa vestixios do antigo Camiño do Norte, que perdeu parte dos seus tramos non sinalizados na actualidade e que se une ao primeiro no casco urbano, despois de atravesar as parroquias de A Mella (San Pedro), Viladavil (Santa María) e Arzúa (Santa María).

Ferramentas persoais