Arzúa cidadán

Capela de Santa Mariña

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Capela do século XVIII que presenta planta basilical, fábrica de cachotería e portada rematada nunha espadana dun só van. Deste conxunto destaca o seu retablo de estilo neoclásico, tamén do XVIII e presidido pola imaxe de Santa Mariña.

Unha lenda conta que esta virxe apareceu no lugar coñecido como Brañas Xardín e que os veciños trataron de levala para a igrexa parroquial de Santa María de Arzúa. Non obstante, o elevado peso da santa impediulles facelo, polo que decidiron que esta non debería trasladarse daquel lugar e construíron alí esta capela.

A festa de Santa Mariña, que protexe das picaduras de insectos e das mordeduras de serpes, celébrase cunha romaría o domingo seguinte ao 18 de xullo.

Ferramentas persoais