Arzúa cidadán

Casa grande de Maroxo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A casa grande de Maroxo é unha pequena vivenda de dúas plantas, construída con fábrica de cachotería, coas portas e ventás enmarcadas en cantería, e cuberta con tella do país.

O máis destacado da edificación é a existencia dun escudo na fachada principal, que foi trasladado da antiga capela do pazo de Fonte da Vila, hoxe desaparecida. Xunto a este, son de salientar varios elementos etnográficos que aínda se conservan como o forno, o vertedoiro de pedra ou un poste para a viña, situado enfronte do escudo, formado por unha soa pedra.

Observacións

A casa foi comprada por José Agra de Marox.

Ferramentas persoais