Arzúa cidadán

Casa tradicional do Orxal

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A casa do Orxal é unha vivenda tradicional de planta rectangular de dous andares e faiado con dous porches anexos nas fachadas principais.

Está construída con cachotería e cuberta a dúas augas con tella do país sobre láminas de fibrocemento ondulado. O máis relevante da edificación é a súa entrada, con archete da fachada posterior, aínda que destaca tamén polo conxunto etnográfico que forma co alpendre, os hórreos -tipo palleira- e o forno.

Atópase deshabitada e forma parte do mesmo entorno no que están o pazo do Orxal e o cruceiro de Orxal.

Ferramentas persoais