Cruceiro de Santiago de Boente
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cruceiro de pedra do século XIX, que se alza sobre chanzos cuadrangulares -froito da urbanización do seu entorno, pois orixinariamente non os tiña-, un deles semienterrado no chan. Consta dun pedestal troncopiramidal sobre o que se ergue un varal oitavado, con arrinque e remate cuadrangulares, que dan paso a un capitel troncopiramidal invertido e con molduras sobre o que se alza a cruz: sen imaxes, latina florenzada e recrucetada.
[editar]
Como Chegar
Partindo da casa do concello de Arzúa hai que seguir pola N-547 con dirección ao Concello de Melide uns 8 quilómetros. Ao chegar a Boente xa se ve o cruceiro á beira dereita da estrada, nunha encrucillada no medio da aldea onde tamén está a fonte da Saleta.
