Demografía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A situación xeográfica de Arzúa, como a de outros moitos concellos do interior, condiciona a súa evolución demográfica, trazada en termos negativos dende a década dos sesenta e considerablemente envellecida (o 27% ten máis de 65 anos).
Logo de que o municipio superase a cifra dos 10.000 habitantes nos anos corenta e cincuenta, os sesenta comezaron a anunciar unha sangría (provocada polo abandono do campo e polas diferentes vagas de emigración cara ás cidades máis industrializadas) que deixou ao concello con pouco máis de 9.000 habitantes ao inicio da década dos setenta, e con menos de 7.000 en todas as que seguiron.
O efectivo demográfico arzuán, segundo os últimos datos do Instituto Galego de Estatística (2006), é hoxe de 6.532 habitantes e a súa densidade de poboación de 42 persoas por quilómetro cadrado.
En canto á distribución territorial dos arzuáns, o 39% deles vive na capital municipal e o 61% restante no medio rural. Das 21 parroquias que conforman este último, a menos habitada é Tronceda, con 45 veciños, e a máis Santa María de Arzúa, que suma 336, en boa medida pola súa proximidade á vila.
| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 9.036 | 8.708 | 8.722 | 8.743 | 10.396 | 10.754 | 10.470 | 9.064 | 6.999 | 6.932 | Fonte: INE |
| 1986 | 1987 | 1988 | 1989 | 1990 | 1991 | 1992 | 1993 | 1994 | 1995 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 7.364 | 7.376 | 7.378 | 7.358 | 7.292 | 7.016 | 6.982 | 7.024 | 7.041 | 7.011 | Fonte: INE |
| 1996 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 7.014 | 6.947 | 6.896 | 6.886 | 6.832 | 6.776 | 6.676 | 6.632 | 6.602 | 6.532 | Fonte: INE |
