Dodro (Santa María)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta parroquia do Concello de Arzúa conta cunha poboación, segundo o censo do 2006, de 84 habitantes, dos que 45 son homes e 39 son mulleres. Segundo o Nomenclátor Oficial da Xunta de Galicia son 12 os lugares de Dodro (Santa María).
Esta parroquia celebra a Festa do Roscón de Pascua o sábado de Pascua. A súa igrexa parroquial de Santa María de Dodro data do século XVIII, e consta dunha única nave central. O seu retablo maior ten a imaxe da Asunción rodeada por Cristo e por San Roque.
Dodro conta con tres aldeas de indubidable valor etnográfico: a aldea de Casanova, a aldea de Ramil e a aldea de Xixirín, así como con interesantes exemplos de arquitectura popular (fonte-lavadoiro do Pazo, hórreo da casa dos de Cañal, pombal de Casanova...)
