Arzúa cidadán

Fervenza das Hortas

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Unha das paisaxes máis fermosas do concello de Arzúa é esta fervenza da parroquia de Dombodán, que xorde pouco antes da confluencia co río Ulla e que fai de fronteira natural entre os concellos de Arzúa e Touro. Consta de dúas caídas duns 30 metros do rego de Saímes sobre unha superficie de gneis mesturado con cuarcita.

Para chegar ata elas é necesario percorrer uns 11 quilómetros aproximadamente a estrada Arzúa-Vila de Cruces (CP-0601) ata chegar á encrucillada que sinala o lugar de Hortas e desviarse á man esquerda cara a San Xusto (CP-0605). Despois de pasar unha taberna, a uns 500 metros, hai que seguir unha pista que sae cara a man dereita e ao final das casas da aldea coller á esquerda polo medio do monte.

Alúns veciños tamén a coñecen como a Fervenza de Santa Marta por unha lenda que ten asociada.

Ferramentas persoais