Arzúa cidadán

Festa do Queixo de Arzúa 2005

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para conmemorar a XXX edición da Festa do Queixo, que se celebrou os días 5 e 6 de marzo, organizouse unha exposición gráfica que repasou as tres décadas de traxectoria deste certame ao longo da súa historia e a súa evolución ata consolidarse como unha das festas de exaltación gastronómica de maior proxección da xeografía galega.

Baixo o título 30 anos da Festa do Queixo sobre un centenar de fotografías os arzuáns puideron lembrar, entre outras moitas cousas e sobre un centenar de fotografías, a presenza nesa festa de pregoeiros como Agustín Sixto Seco, Xosé Ramón Fandiño ou Avelino Pousa Antelo, entre outros; os diferentes carteis de presentación do evento; as actuacións musicais que pasaron polo Festival do Queixo, etc...

No que respecta á música e aos espectáculos de rúa este foi o cartel da XXX Festa do Queixo:

  • Venres 4 de marzo: Noite de Ruada (cantigas populares)
    • Rondalla Moraima de Arzúa
    • Mini e Mero. Cantigas de Cego
    • Fol de Veneno
  • Sábado, 5 de marzo:
    • Fredi. Circanelo. Espectáculo de malabares e acrobacias.
    • Charanga Os Kilomberos de Monte Alto.
    • XXX Festival do Queixo.
      • Kiko Veneno
      • Orishas
      • The Sunday Drivers
  • Domingo, 6 de marzo:
    • Pasarrúas. Banda de Música de Arzúa.
    • Pasarrúas. Banda de Gaitas Castro Curbín.
    • Pasarrúas. Grupo de Gaitas Bico da Balouta de Agolada.
    • Pasarrúas circense. Troula Animación (zancudos, malabares e percusión).
    • Monicreques Viravolta: Mantas non son cobertores
    • Maxia Sha Sha (Lugo): Cousas que pasan
    • Quempallou
    • Xosé Manuel Budiño
Ferramentas persoais