Arzúa cidadán

Festa do Queixo de Arzúa 2007

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Á Festa do Queixo de Arzúa 2007 acudiron, segundo a Asociación para a Promoción da Festa do Queixo (encargada da súa organización), unhas 40.000 persoas e as vendas de queixo chegaron aos 35.000 quilos. Nesta ocasión esta venda no recinto feiral ampliouse, por primeira vez na súa historia, a dous días, que foron o 3 e o 4 de marzo.

A festa comezou o venres coa primeira edición do Concurso de Tapas e Pinchos Festa do Queixo, no que resultou gañador o pincho Coles de Bruxelas recheas con D.O. Arzúa-Ulloa.

O sábado, despois da presentación oficial e da lectura do pregón, do que se encargou nesta ocasión a poeta Yolanda Castaño, e de renderlle unha homenaxe especial a José Fuentes Colmeiro celebráronse os concertos do Festival do Queixo, este ano con La excepción, Macaco e Dios ke te Crew. O domingo, no mesmo festival, encargáronse de pechar a XXXII edición da Festa do Queixo os grupos galegos Son de seu e Treixadura.

Novidades da XXXII edición

No 2007 celebrouse por primeira vez, para os máis pequenos, un Obradoiro de elaboración de queixo e unha Xinkana do queixo.

Ferramentas persoais