Fonte-lavadoiro de Salmonte
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fonte de cano con lavadoiro. Trátase dun conxunto de cemento pechado cun muro de pedra, ao que se accede baixando seis chanzos tamén de pedra, e pechado cun valado de madeira.
Presenta catro canos e ten como fondo unha especie de templete con dous pináculos. Ao lado dereito da pía da fonte está o pío do lavadoiro, cunha lousa para lavar.
Esta fonte, que non dispón información sobre a potabilidade da súa auga, foi restaurada nos primeiros anos do século XXI polo concello.
