Fonte da Saleta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fonte ornamental do século XIX construída en pedra e con arranxos recentes de cemento. Consta dunha pía circular de pedra que se alza sobre unha base das mesmas características. No centro ten un machón a modo dun gran pináculo que soporta os catro canos de ferro polos que mana a auga. O seu nome débello á forte devoción que ten a xente da parroquia de Boente pola Virxe da Saleta.
Observacións
Despois da última reforma a fonte cambiou por completo a estrutura do seu machón central, do que se pode dicir que case foi feito de novo. Antes, o pe deste non tiña forma curva e os canos –tiña tres e non catro- estaban nun prisma hexagonal, non circular.
No machón central ten dúas placas. Nunha pon "FONTE DA SALETA / 1928 – 1998", e na outra aparece a data de inauguración da última refoma (8 de xaneiro de 1999).
Como Chegar
Partindo da casa do concello de Arzúa hai que seguir pola N-547 con dirección ao Concello de Melide uns 8 quilómetros. Ao chegar a Boente xa se ve a fonte na beira dereita da estrada, nunha encrucillada no medio da aldea onde tamén está o Cruceiro de Santiago de Boente.
