Forxa de Dono
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Antiga forxa, propiedade de Luis Dono Quintela, que deixou de funcionar a mediados dos anos 80 do século XX, aínda que foi restaurada recentemente e conserva case todos os elementos que a compoñían, como o barquín e o fuelle.
Ubícase nunha pequena construción de pedra, anexa ao establo da casa do propietario. A súa fábrica é de cachotería con cuberta a unha auga de tella do país. Ten porta e venta de madeira.
Xusto enfronte hai unha pequena fonte que se coñece como a pía do Dono por ir esta familia, a de Dono, a buscar alí a auga da forxa.
