Historia Contemporánea
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
No XIX Arzúa foi escenario das loitas entre liberais e conservadores. Os principais activistas foron os Voluntarios Realistas da Mota, capitaneados dende Guntín (Lugo) por Xosé Ramos e, no mesmo período, a vila foi escenario do pronunciamento do sermón do crego Santiago Pastoriza, no que se exaltou a bandeira dos Voluntarios Realistas (1831). Logo daquel fito realista os constitucionais derrubaron a torre da antiga igrexa e, días despois, asasinaron a Antonio López, xefe dos carlistas, preto de Boimorto.
En 1820, coa configuración dos primeiros municipios constitucionais, o que é hoxe o concello de Arzúa aparecía dividido en tres: Boente, Pantiñobre e Arzúa. Non obstante, coa volta ao trono de Fernando VII en 1823, estas entidades municipais desapareceron. O actual municipio, coa extensión e a composición parroquial que ten agora mesmo, creouse como tal no ano 1836.
