Igrexa nova de San Pedro de Viñós
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Templo de nova construción que data de 1970, ano no que se construíu para suplir a vella igrexa que tiña a parroquia, e que ficou abandonada trala construción do encoro de Portodemouros e o traslado da aldea.
A súa fábrica é de formigón armado e ladrillo encalado en branco e presenta cuberta a unha auga de láminas de fibrocemento ondulado. No lado dereito da súa fachada ten unha torre-campanario dividida en dous corpos con oito vans cada un e cunha pequena cúpula e cruz de ferro forxado como remate.
Os obxectos de culto e as imaxes que hai no seu interior trasladáronse dende a antiga igrexa, así como as campás.
