Arzúa cidadán

Igrexa vella de San Pedro de Viñós

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O vello templo de San Pedro de Viñós, do século XVIII, foi abandonado arredor de 1970, cando como consecuencia da construcción do encoro de Portodemouros o traslado da aldea fixo que esta quedase moi afastada e os veciños decidiran construír unha nova igrexa. Hoxe en día está en ruínas.

Presenta planta basilical con fábrica de cachotería e cantería nas portas e nas ventás, cuberta a dúas augas con tella do país e unha portada que remata en espadana simple de pedra con dous vans.

A pesar do seu estado aínda conserva no interior un arco de medio punto de cantería que separa a nave do altar maior, a pía bautismal, restos dos seus retábulos e varios azulexos. Nun do muro suroeste pódese ver "TERCER CUARTEL" e no outro "PARROQUIA SAN PEDRO DE VIÑOS/ 7".

As imaxes que posuía e as súas campás trasladáranse no seu momento á igrexa nova.

Ferramentas persoais