Arzúa cidadán

Lavadoiro de Sebio

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Lavadoiro que ten un bebedeiro asociado e que presenta un pío e tres lousas de lavado de ladrillo e cemento. Ten cuberta a dúas augas de fibrocemento ondulado, que se apoia nunha estrutura de vigas.

O lavadoiro, aínda en uso, é de propiedade pública e está situado no sitio onde houbo outro máis pequeno, nun terreo cedido por José Tato, veciño da casa que está pegada.

A construción ten unha inscrición que di: "SE HIZO AÑO D 1980", e a da cruz dicta "INRI 1980". Esta situábase nun cruce de camiños pero foi tirada coa concentración parcelaria. Os da casa do lado gardárona e despois, cando se fixo o lavadoiro, decidiron colocala como remate.

Ferramentas persoais