Oíns (San Cosme)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta parroquia do Concello de Arzúa conta cunha poboación, segundo o censo do 2006, de 133 habitantes, dos que 66 son homes e 67 son mulleres. Segundo o Nomenclátor Oficial da Xunta de Galicia son 11 os lugares de Oíns (San Cosme).
A maiores da igrexa de San Cosme de Oíns esta parroquia conta con interesantes casas tradicionais (casa dos de Cañal, casa dos Lodeiros, casa grande de Rivas, casa tradicional dos Varela...), fontes (fonte-lavadoiro de Beis, fonte-lavadoiro de Ferradal, fonte-lavadoiro de Filgueira...), hórreos (hórreo de Manuel Quintela, hórreos da Casa de Rivas, hórreos de José Mosquera en Fruzo...), etc.
Con todo, unha das xoias máis importantes desta parroquia é o castelo de Fruzo.
