Arzúa cidadán

Orixe do nome de Arzúa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Unha das posíbeis orixes do nome do concello, é a que dá Edelmiro Bascuas nos seus Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega (Verba, anexo 51, Santiago de Compostela, 2002), segundo a que o nome pode ter orixe nun hidrónimo paleoeuropeo (unha lingua que se falou en Europa na antigüidade e que se coñece en grande medida polos nomes dos ríos).

O topónimo prerromano atópase escrito como "Arçúa" en 1283 e como "burgo de Arzuua" no século XIV; a partires de aquí Edelmiro Bascuas reconstrúe Artíowa > Arzówa > Arzúua > Arzúa, que entronca coa raíz indoeuropea "er = moverse, fluir" (de orixe claramente hidronímica).

A orixe hidronímica de Arzúa, malia non existiren ningún agora no lugar con ese nome, pode fundamentarse polo Arzoá (afluente do río Mente de Ourense).

Ferramentas persoais