Paleta de tenreira rechea de queixo de Arzúa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ingredientes
- 1 quilo de paleta de tenreira
- 3 pans de tamaño pequeno
- 1 cebola
- 300 gramos de cogomelos
- 60 gramos de manteiga
- 60 gramos de pirixel
- 2 dentes de allo
- 100 gramos de touciño en tiras
- 50 gramos de queixo D.O. Arzúa-Ulloa
- 2 ovos
- 1 vaso de viño branco
- 2 cenorias
- 1 vaso de tona líquida
- 400 gramos de patacas pequenas
Preparación
Remollalos pans en auga e picala cebola e os cogomelos en cadrados pequenos que hai que saltear nunha tixola lentamente, engadíndolle tamén o pirixel e o allo picados. Pouco despois engadirlle tamén o queixo, os ovos e a tona líquida. A continuación estender a paleta, poñerlle o touciño en tiras dentro e enchelo coa mestura anterior. Pechar a paleta, cosela e introducila no forno botándolle antes sal e pementa e engadíndolle tamén as verduras cortadas en dados grandes, o viño branco e un pouco de auga. Asar no forno durante 1 hora.
Consellos
Coas patacas o mellor e lavalas e asalas á parte pois precisan menos tempo.
