Arzúa cidadán

Pantiñobre (Santo Estevo)

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Esta parroquia do Concello de Arzúa conta cunha poboación, segundo o censo do 2006, de 210 habitantes, dos que 103 son homes e 107 son mulleres. Segundo o Nomenclátor Oficial da Xunta de Galicia son 11 os lugares de Pantiñobre (Santo Estevo).

Ademáis da igrexa parroquial de Santo Estevo de Pantiñobre a arquitectura de carácter relixioso de Pantiñobre ten interesantes mostras na capela de San Bieito ou Santa Marta e na capela de San Xoán de Navas, coa súa carballeira emblemática.

Destacan tamén a casa grande de Pedride, a fonte-lavadoiro de Fixón, o hórreo da casa de Lamas, o hórreo de Andrés Agra, o lavadoiro do Sisto, o muíño do Rial, o muíño de Fernández, entre outras manifestacións de patrimonio artístico.

As festas da parroquia son o 26 e 27 de decembro, o primeiro en honor a San Estevo, e o segundo á Virxe do Carme. Tamén se celebra o Corpus, o Sagrado Corazón de Xesús, o San Antonio e as Fillas de María (o último domingo de maio).

Ferramentas persoais