Arzúa cidadán

Pazo de Brandeso

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O pazo de Brandeso é un dos lugares máis significativos da parroquia. Esta construción, do século XVI, ten planta rectangular e torre ameada e sufriu diversas modificacións ao longo da súa historia.

O Pazo, tanto no exterior como no interior da finca, conta cunha fermosa vexetación, entre a que hai que salientar os seus dous teixos, case bicentenarios, unha glicinia de trescentos cincuenta anos e dúas carballeiras que xuntas suman case seiscentos anos.

Destaca, dentro neste conxunto, a Capela da Inmaculada.

Ferramentas persoais