Arzúa cidadán

Pazo do Orxal

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Pazo que foi propiedade de Miguel de la Peña, coñecido na aldea como o señorito, razón pola que tamén se coñece a este pazo como a casa do señorito Orxal.

A edificación, datada no século XVII, leva abandonada desde os anos 70 do século XX. Está construída con fábrica de cachotería e cuberta con tella do país e presenta planta rectangular e dúas alturas, destacando sobre todo este conxunto pola súa gran chimenea e pola súa bufarda.

O pazo ten anexa unha capela que conserva unha pequena espadana con campá. Ao parecer tamén ten un escudo na fachada posterior, mais este non se pode ver por estar cuberto de maleza.

Ferramentas persoais