Arzúa cidadán

Pombal de Casanova

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Pombal de planta circular e fábrica de pedra sen recebar que está situado na aldea de Casanova.

A súa cuberta destaca por ser a unha auga, con vigas de madeira e lousas de pedra. Na parte superior conserva o asoleirado perimetral de pedra no que se pousan as pombas.

O seu interior, a pesar de que está abandonado, aínda se atopa en moi bo estado de conservación (cos nichos de pedra nas paredes, o banco de pedra corrido que está debaixo, a mesa onde se lle botaba o gran ás pombas...).

Ferramentas persoais