San Cristovo de Dombodán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Igrexa Parroquial de San Cristovo de Dombodán é de mediados do século XVIII, está realizada en cachotería e é de estilo barroco compostelán.
No seu interior mostra dous retablos, o Maior e o das Dores, os dous son de finais do século XVIII e foron realizados polo mestre arquitecto e escultor Juan Domínguez, quen seguiu os planos de Miguel Ferro Caaveiro.
