Arzúa cidadán

San Lourenzo de Brandeso

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A Igrexa Parroquial de San Lourenzo de Brandeso presenta planta lonxitudinal con capelas laterais e sancristía no ábside da fachada norte, o que lle confire á súa planta aspecto de cruz latina. É de nave única con coro e teitume de madeira e chan de granito e baldosas.

Ten fábrica de cachotería encalada en branco e cantería nas esquinas, ventás e portas. A cuberta das capelas é a catro augas e da nave de dúas, con tella do país. A portada remata nunha espadana de pedra de dous vans.

No seu interior ten un arco de medio punto de cantería que separa a nave do presbiterio (cunha inscrición que di: "FUE RESTAURADA ESTA YGLESIA EN 1891 SIENDO CURA D. MANUEL VARELA") e dous máis que dividen as capelas da nave.

O retábulo maior data do século XVIII e estrutúrase en tres rúas con dous niveis, o segundo cunha imaxe de San Lourenzo e o primeiro coas de San Ramón e San Buenaventura. Outros retábulos son o do Carme, neoclásico; o da Inmaculada, dentro da capela do mesmo nome; e o das Ánimas ou do Socorro, datado do século XVIII. Nel, pódese ler nas basas das súas columnas o seguinte: "ANIMAS - ALTAR - PRIVILEGIADO - AÑO - 1783" e "PIO. VI AÑO - 1782".

Observacións

Aínda hoxe se conserva, e se usa, a chave de ferro da porta lateral da igrexa, que data de finais do século XIX segundo a súa inscripción (am 1898).

No ano 2001 fixéronse obras neste templo para restaurar a imaxe da Inmaculada, pintar as paredes e amañar a cuberta e o teitume.

Ferramentas persoais