San Martiño de Calvos de Sobrecamiño
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A igrexa parroquial de San Martiño de Calvos de Sobrecamiño data do século XVIII, e a súa planta lonxitudinal, con dúas capelas laterais adosadas, confírenlle aspecto de planta de cruz latina.
No interior apreciase a súa nave única e o coro de madeira e os dous arcos de medio punto de cantería que dividen a nave en varios tramos.
O retablo maior orixinal foi retirado na década dos setenta do século XX, e consérvanse as imaxes da Asunción, San Martiño, a Inmaculada e a Virxe do Rosario, datadas no século XVIII.
