Arzúa cidadán

Xan de Arzúa

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

¿Quen era Xan de Arzúa?, ¿acaso en remotas épocas librou ós alaricanos dos horrores da guerra ou da fame?, ¿expulsou da súa terra ós mouros? ou ¿prestou, un servicio polo que se fixo digno de que o seu nome fora transmitido a futuras xeracións? ¿Acaso é un ser caprichoso que representa un ideal local ou unha aspiración popular? Nada diso, Xan de Arzúa non é máis cun boneco de palla ou cartón, harmoniosamente vestido, que despois de estar exposto ás miradas do público no balcón da Casa do Concello, é montado nun pesado boi percorrendo así, antes da saída da procesión do Corpus, tódalas rúas da vila no medio do rebumbio, e animado bulir da xente, que non cesaba de encher a paus ó pobre animal e ó seu xinete.

Non puidemos descubrir en que época viviu, nin outra cousa da súa vida, mais que era un home acostumado a que o seu nome soase entre risos e ledicia, e quixo que despois de morto acadase igual sorte. Cousa que conseguiu deixando parte dos seus bens e rendas ó pobo que fora teatro das súas ledicias, coa condición de que tódolos anos, o día de Corpus, o sacaran a pasear en efixie ó lombo dun boi. Deixou sinalada a carreira que tiña que levar, o punto de onde tiña que saír, encargando do cumprimento exacto da súa festiva vontade á xustiza do pobo. moitos. Seis garridos homes suxeitaban o extremo do sedeño que prendía ó boi polos cornos e multitude de mans axitaban con frenesí as aguilladas coas que se picaba ó boi co fin de redobra-los seus bríos e furias.

A compra do boi foi nun comezo verificada polos "tablaxeiros", e despois o Concello pagou o alugueiro do boi e a festa do Corpus.

Con anterioridade investigase onde podía haber un boi, ou máis, que reunisen as condicións para o obxecto desexado e con eles facíase a chamada "Proba do Boi" -Xoves de Ascensión e Domingos que anteceden ó Corpus-. Unha vez elixido tratábase co dono, pagábase o alugueiro e dábase unha fianza pecunaria, ante a posibilidade dun risco que o deisaxe inservible para o labor. Feito o trato do boi, pechábase nun cortello oito días antes para ser ben coidado, de onde saía para ser corrido ó remata-lo folión do mércores na Praza Maior.

Ferramentas persoais