Arzúa cidadán

O Sistema Galego de Atención á Dependencia instala no Centro Multiusos un punto de información de ámbito comarcal

03/05/2007 00:00 Dentro dos diferentes puntos habilitados pola Consellería de Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para as xestións do Sistema Galego de Dependencia atópase a oficina aberta a comezos de maio na primeira planta do Centro Multiusos de Arzúa.

Nestes momentos a función da traballadora social que atende este servizo é tramitar as solicitudes que presenten os demandantes da comarca de Arzúa para que lles sexa valorado o seu grado e nivel de dependencia.

A Consellería de Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar abriu o pasado día 7 de maio o prazo para a recollida destas solicitudes como primeiro paso para desenvolver a nivel autonómico a normativa da lei de dependencia que foi aprobada ata o momento (lei 39/2006, de 14 de decembro, de promoción da Autonomía Persoal e atención ás persoas en situación de dependencia e real decreto 504/2007 de 20 de abril, polo que se aproba o baremo da valoración da situación de dependencia establecido pola devandita lei).

Documentación que debe achegarse xunto co modelo de solicitude:

  • Fotocopia compulsada do DNI/NIE/Pasaporte do solicitante
  • Libro de familia, no caso de menores de idade
  • Informe de condicións de saúde, conforme ao modelo do Anexo
  • Certificado de empadroamento emitido polo concello
  • Certificado de convivencia emitido polo concello

No caso de que o solicitante actúe a través de representante legal deberá achegar:
  • Acreditación da representación legal mediante fotocopia compulsada da sentenza que a declare ou no seu caso modelo de declaración de gardador de feito.
  • Fotocopia compulsada do DNI/NIE/Pasaporte do representante legal ou do gardador de feito.

Horario da oficina: de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas, ou ben chamando ao número de teléfono 981 500 222.

Para máis información:

Documentos relacionados